Cen Mil Estorninos

fri16jun23:1523:15 Cen Mil EstorninosPoesía de Manuel Rivas musicada por Nacho O'Jarbanzo.Carpa central

Event Details

Poesía de Manuel Rivas musicada por Nacho O’Jarbanzo.

Autor

Nacho Lopez

Nacho Lopez

(A Coruña, 1970)

Músico multi-instrumentista, técnico de son e axitador cultural.

Membro fundacional dun dos primeiros grupos que misturaron a música tradicional galega con ritmos urbanos como o Punk, Ska e Rock’n’roll: Os Verjalhudos (1988).

En 1993 crearía o colectivo O Jarbanzo Negro, un grupo que viviu 11 anos de xira fomentando ademáis o intercambio cultural de maneira activa tanto actuando como participando na organización de multitud de festivales por toda Europa.

En 1996 O Jarbanzo Negro entra a formar parte da compañía de teatro-circo Kran (Suiza) descobrindo así a vida e o traballo dos espectáculos de artes escénicas, xirando 3 anos en vagons de circo co seu espectáculo “Persival”.

No ano 2000 aterrizan no Ateneu Popular de 9 Barris, icónica fábrica okupada nos suburbios de Barcelona que convertíuse nun referente internacional polas suas ideas creativas e sociais, a sua loita por favorecer una cultura diversa e accesible a todos e a sua maneira autoxestionada de organizar un equipamento cultural. Os “Jarbanzos” establecen alo o seu campamento e durante anos participan activamente como músicos e colaboradores na vida do centro cultural.

No 2005 Entra a formar parte do equipo de traballo do Ateneu dinamizando e organizando a sua axenda cultural. Aquí naceu un festival que xa leva 5 edicións: A foliada, intercambio social e cultural entre Galicia e Nou Barris. Este ano a raíz do proxecto Xangai e con motivo do 40 aniversario do Ateneu, estamos a preparar una nova edición o 6, 7 e 8 de Outubro. Estade atent@s, Ande a Roda!!!!

A partir do 2010, formado como técnico de son, traballa como técnico no Teatro de Vallromanes, o estudio de grabación Koryland e a compañía de teatro-circo Ciclicus. Retoma tamén a vida nos escenarios en varios grupos e exerce ca sua banda circonautas de director musical en tres produccións da Compañía Cíclicus e dos festivales de circo de Montgat, Hospitalet e Trapezi (Reus).

Actualmente coordina o proxectos:

– Petitet, Rumba simfónica del Raval, que terá o seu resultado o 17 de Outubro cando a orquesta rumbera de 25 músicos do raval se fusione ca Orquesta sinfónica do Teatre Liceu no seu mítico teatro da Rambla Barcelonesa.

– Xangai Foliada de Nou Barris, entre 60 e 100 personas de Galiza montaremos no tren Xangai relembrando a tantos inmigrantes galegos que percorreron este traxecto e chegando a Barcelona cargados de esperanza, ganas de coñecer e intercambiar vivencias.

Como músico é colaborador habitual da banda Os Tres Trebons (da que é fan absoluto) e está traballando na nova producción da compañía Ciclicus como compositor.

Time

(Friday) 23:15

Location

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *