Daniel Remeseiro

thu15junAll Daytue25jul(All Day) Daniel RemeseiroA mar fronterizaPiscinas do Kiosco Alfonso

Event Details

A MAR FRONTERIZA

INTERVENCIÓN URBANA AO REDOR DAS MIGRACIÓNS

Cifras e imaxes espantosas enchen os xornais cada día para dar conta do drama de milleiros de persoas que teñen que abandonar os seus territorios movidas pola fame, a miseria, a violencia, a falta de expectativas ou a guerra. Ben por desinformación, ben por falta de interese ou pola grandísima magnitude da problemática, unha parte moi ampla das nosas sociedades segue vivindo de costas a este conflito que sacode o mundo desde o valo de Melilla ata a problemática dos refuxiados. O obxectivo desta proposta artística, deseñada e coordinada polo artista coruñés Daniel Remeseiro, é a sensibilización social ao redor deste tema, entendendo que lonxe de sernos alleo, todas as persoas somos parte deste problema, e tamén das posibles solucións. A intervención nos espazos urbanos preséntase como unha oportunidade inmellorable para educación para a interculturalidade e a reflexión e o debate colectivos. O tipo de intervención escollida é a instalación urbana, entendendo que esta cumpre unha función que vai moito máis alá da ornamentación. “O mar fronteirizo” conta cun marcado sentido estético, social e cultural, fomentando a reflexión colectiva sobre un tema absolutamente urxente na nosa sociedade e transmitindo ideas e emocións. A situación nun enclave urbano de visibilidade permite romper as dinámicas culturais habituais, expandindo a mensaxe a colectivos e persoas que quedan con frecuencia fóra destes espazos ou circuítos. O contido da proposta artística permite articular todo un proxecto de acción educativa e social ao seu redor, que contribúa a difundir a mensaxe, promova a reflexión colectiva e achegue á arte a públicos heteroxéneos que normalmente permanecen alleos a este tipo de intervencións.

more

Autor

Daniel Remeseiro

Daniel Remeseiro Rodríguez.

www.danielremeseiro.es

(A Coruña 1950)

Formación autodidacta. É un artista multidisciplinar que desenvolve o seu traballo en e desde a cidade da Coruña. A súa incesante curiosidade polo mundo que nos rodea fai que a súa sexa unha obra poliédrica, atendendo a técnicas, estilos e contidos moi diversos.

Bosque‘, ‘Fábulas‘, ‘Oz‘ e ‘Oza‘ son só algunhas das súas series, onde a reciclaxe e a reutilización de elementos están totalmente presentes.

A súa mirada crítica ante as problemáticas sociais salpica tamén as súas creacións, cheas de cor e vida, que abordan temáticas como as migracións.

Olga Romasanta

Time

June 15 (Thursday) - July 25 (Tuesday)

Location

Piscinas do Kiosco Alfonso

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *