Nicolas Castellano / Consuelo Bautista

jue15jun20:0020:00 Nicolas Castellano / Consuelo BautistaO relato mediático ...Carpa central

Event Details

O relato mediático das migraciónes forzosas. Máis información que nunca pero, ¿queremos saber?

Encontro entre Nicolas Castellano e Consulo Bautista

Autor

Nicolás Castellano

(Las Palmas de Gran Canaria, 1977)

Xornalista español da Cadena SER especializado en contidos sobre migracións, cooperación e desenvolvemento.

Licenciado en Periodismo pola Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Desde o ano 2000 desenvolve a súa carreira profesional na Cadena SER, primeiro en SER Las Palmas, onde desempeñou o labor de xefe de informativos de setembro de 2005 a outubro de 2007. Desde entón, traballa na redacción central da SER Madrid. Durante os últimos 16 anos especializouse no fenómeno da inmigración, seguíndoo tanto na costa europea como nas de saída das persoas inmigrantes, ou nos seus países de orixe ou tránsito (Marrocos).

Foi enviado especial a catástrofes naturais como o terremoto de Haití de 2010 ou o tsunami de Xapón no 2011, así como a emerxencias humanitarias como a de Somalia no verán do 2011, considerada a primeira fame epidémica deste século.

Tamén realizou reportaxes en Xordania, Francia, Bélxica, Bulgaria, Italia, India, Colombia, Guatemala, Honduras, Kenya, México, Mozambique, Etiopía, Guinea Conakry, Alxeria, Senegal, Mauritania, Tunisia, Níxer, Chad, Burkina Faso ou República Democrática do Congo, entre outros. En 2015 cubriu algunhas das principais crises humanitarias: República Centroafricana, Sudán do Sur, ou os países afectados polo ébola en África Occidental, como Liberia ou Serra Leoa. Tamén en Sicilia ou Lampedusa e nas illas gregas, cubrindo a chegada de migrantes e refuxiados.

Ten publicado artigos en diarios como Canarias 7 e El País, e escribiu os libros Me llamo Adou, Planeta (2017), Mi nombre es nadie, De ida y vuelta, Fronteras 3.0, Aquí pintamos y contamos todos etc.

Foi recoñecido co IX Premio Dereitos Humanos do Consello Xeral da Avogacía Española, a Medalla de Ouro da Cruz Vermella Española, o Premio de Periodismo “Berta Pardal” e o Premio Periodismo Humano 2013, entre outros.

Consuelo Bautista

(Barcelona 1966)

Xefa de Informativos de Radio Coruña Cadea SER desde 1993 ata a actualidade.

Durante estes anos Radio Coruña Cadea SER consolidouse como a emisora privada máis escoitada de Galicia con imaxe de marca autónoma definida e vinculada á súa vez á Cadea SER.

Correspondente da Axencia EFE na Coruña desde 1989 ata 2001.

Licenciada en Ciencias da Información pola Universitat Autònoma de Barcelona. Rama Xornalismo. 1984-1989.

Diplomada en Márketing e Publicidade pola Universitat Autònoma de Barcelona. 1984-1989.

Axudante de tese Doutoral sobre Márketing Bancario 1985-1988.

Premio Ondas en 2003 pola cobertura do Prestige cos servizos informativos da Cadea SER.

Directora da Cátedra de Radio Coruña Cadea SER coa Universidade dá Coruña.

Codirectora do curso de posgrao en comunicación Radiofónica de Radio Coruña Cadea SER e a Facultade de Ciencias da Comunicación.

Time

(Jueves) 20:00

Location

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *