Helga Méndez

fri16jun17:3017:30 Helga Méndez"Atrapadas", dirección Fusa Guillén.Carpa central

Event Details

“Atrapadas”.

Peza de microteatro baseada nas testemuñas de dúas mulleres sirias refuxiadas no campo do Pireo.
(Testemuñas obtidas do informe “Atrapadas en Europa, ¿dónde está la dignidad?”, da Women’s Link Worldwide)
Intérprete: Helga Méndez.
Dirección: Fusa Guillén.

Autor

Helga Méndez

Helga Méndez García

Sempre foi unha persoa inqueda.

Xa de nena o que quería era bailar, pero tamén lle gustaba cantar e debuxar, e lía todo o que caía nas súas mans. Ao entrar no instituto, coñeceu a unha profesora de Literatura que lle fixo o regalo máis querido: a súa vocación teatral.

A partir dos 80 estuda cursiños de teatro e participa en todas cantas formacións de teatro amadoras e estudiantís atopa en Ferrolterra.

Cursa no Taller de Teatro Municipal de Ferrol e no de Narón nos primeiros anos 90, coa actriz e autora teatral Fusa Guillén, coa que colabora e traballa desde entón. Por eses anos ten o seu primeiro contrato profesional coa compañía coruñesa Títeres Falcatrúa co espectáculo para adultos “Caleidoscopio”.

Empeza a dirixir a grupos de teatro amador para distintas entidades culturais, centros de ensino e administracións públicas de Ferrol e fóra de Ferrol. Imparte Talleres de Teatro, Técnicas de Interpretación e Improvisación, Voz, Teatro de Creación, Dramatización para concellos e entidades culturais da comarca de Ferrolterra e a Aula de Teatro da Universidade da Coruña. Traballa e colabora como actriz en Bartoleta Teatro, Estudio de Teatro N+1, Vilano Produccións, Maquinarias Teatro, Comediants…

Time

(Friday) 17:30

Location

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *