Noelia García (MSF) / J. Quindimil (UDC)

sab17jun18:0018:00 Noelia García (MSF) / J. Quindimil (UDC)Encontro: Crise de refuxiados no ...Carpa central

Event Details

Crise de refuxiados no Mediterráneo: “legalidade e realidade” na crise das persoas refuxiadas no Mediterráneo.

Encontro entre Noelia Garcia, Medical Team Leader en el Dignity I de Médicos sen Fronteiras e o profesor e doutor en Dereito Jorge Quindimil da Universidade da Coruña.

Autor

Noelia García Rodríguez

Noelia García Rodríguez

Enfermeira con Máster en Medicamento tropical e saúde internacional, posgrao en enfermería cirúrxica e licenciada en Antropoloxía.
Comezou a súa experiencia profesional con Médicos sen Fronteiras no 2004 traballando en clínicas móbiles en Angola. A partir de aí foi conciliando o seu traballo en diferentes hospitais e clínicas en España con saídas a terreo con MSF, traballando en diferentes postos, proxectos e lugares coa organización: enfermeira responsable do programa de nutrición ambulatorio en Sudán (Darfur), en Etiopía e en Iemen; referente médico para apoio a unha maternidade en Somalia; enfermeira responsable na emerxencia de meninxite en Nixeria e da emerxencia de cólera en Haití; referente médico para o proxecto regular (Hospital, clínicas móbiles e nutrición) en Etiopía; xerente do hospital cirúrxico en Siria; coordinadora médica no brote de meninxite en Sudán do Sur (Malakal); Enfermeira Responsable de Actividades e preparación doutras enfermeiras para levar as campañas de vacinación en Siria; referente médico do proxecto de pediatría en Guinea Bissau, no proxecto de Yambio en Sudán do Sur e no barco Dignity I no Mediterráneo; coordinadora médica no brote de febre amarela en Angola.
Ademais tamén realizou accións de formación no curso de meninxite, no curso de Resposta a emerxencias. Actualmente está a traballar como apoio ao referente de formación do Departamento Médico.

Jorge Quindimil

Jorge Quindimil

Profesor de Dereito Internacional Público, Dereito Comunitario e Relacións Institucionais na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
É Doutor en Dereito pola Universidade da Coruña.
É membro do Instituto Universitario de Estudos Europeos ‘Salvador de Madariaga’ e do Grupo de Investigación sobre Cuestións Actuais de Dereito Internacional e Europeo da Universidade da Coruña.
Autor de diversas publicacións sobre Dereito Internacional, Dereito Comunitario e Dereito da integración. En relación con América Latina, destacan a monografía Institucións e Dereito da Comunidade Andina e artigos e capítulos de libros relativos á integración como factor de desenvolvemento, migracións internacionais, dimensión cultural da integración, marxe de apreciación nacional, sistema xudicial comunitario, pobos indíxenas, libre circulación de persoas, cidadanía comunitaria, relacións coa UE, seguridade nas fronteiras marítimas ou delimitación marítima.

Time

(Sábado) 18:00

Location

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *