{"id":34209,"date":"2017-04-10T09:20:51","date_gmt":"2017-04-10T07:20:51","guid":{"rendered":"http:\/\/2017.acampa.eu\/events\/exposicion-juan-medina\/"},"modified":"2017-06-13T14:14:49","modified_gmt":"2017-06-13T12:14:49","slug":"exposicion-juan-medina","status":"publish","type":"ajde_events","link":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/events\/exposicion-juan-medina\/","title":{"rendered":"Juan Medina"},"content":{"rendered":"<h4><strong>Fronteiras violentas<\/strong><\/h4>\n<p>Nesta loita cruel e desigual entre os que acumulan riqueza e non pretenden repartila, e os que lexitimamente queren acceder aos mesmos dereitos que a sociedade privilexiada, a obsesi\u00f3n por concentrar os recursos cada vez en menos mans non deixa de crecer, e con este fin levanta barreiras e muros de seguridade cara a calquera direcci\u00f3n desde onde sente vir a &#8216;<em>ameaza<\/em>&#8216;.<\/p>\n<p>Constru\u00eduse a mal chamada Uni\u00f3n Europea non para eliminar as fronteiras entre os pa\u00edses da vella Europa sen\u00f3n para levantar outras fronte aos demais, e manternos afastados deles. Estas fronteiras non deixaron de crecer en extensi\u00f3n, en perigo, en n\u00famero, en custo econ\u00f3mico e en custo de vidas humanas. A s\u00faa construci\u00f3n financiouse con sempre xustificados plans de &#8216;<em>cooperaci\u00f3n internacional<\/em>&#8216;, de &#8216;<em>loita contra o terrorismo<\/em>&#8216;, ou de fondos destinados ao &#8216;<em>control de fluxos migratorios<\/em>&#8216;.<\/p>\n<p>As historias que amosan esta selecci\u00f3n de fotograf\u00edas comezan a principios do 2000, pero a crueldade destas fronteiras comezou moito antes. Desde que as sociedades comezaron o seu desenvolvemento moderno, dot\u00e1ronse de leis migratorias que impuxeron barreiras \u00e1s persoas estranxeiras, ao desco\u00f1ecido, pero probablemente nunca estas barreiras custaron tantas vidas como nas \u00faltimas d\u00e9cadas.<\/p>\n<p>Atravesar o oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico para chegar a Canarias foi mortal desde finais dos anos 90. Tam\u00e9n era xa mortal o cruzamento do Estreito, saltar os cada vez m\u00e1is altos valos de Ceuta e Melilla, enfrontarse \u00e1 garda de fronteira -fose a marroqu\u00ed ou a espa\u00f1ola- e tentar atravesar o Eurotunel, como amosan algunhas das \u00faltimas imaxes que p\u00f3dense ver aqu\u00ed. O mar leva varios anos sendo un gran cemiterio que ningu\u00e9n deber\u00eda permitir, tendo en conta que as persoas que o atravesan foxen doutro. Hai persoas que levan anos vivindo nesa gran nada que existe a ambos os dous lados da fronteira, en bosques pr\u00f3ximos \u00e1s nosas cidades, en territorios que son limbos legais cheos de dor. Hai familias que nunca saber\u00e1n o paradoiro dos seus seres queridos. Hai tumbas sen nome e vidas detidas na espera infinita.<\/p>\n<p>Que tras m\u00e1is de 30 anos de mortes incesantes nas nosas fronteiras sigamos sen esixir responsabilidades resulta pouco esperanzador. Ningu\u00e9n parece ter planeado garantir verdadeiramente que un d\u00eda todas as persoas poidan exercer o seu dereito para moverse libremente e elixir o pa\u00eds en que queren vivir, traballar e formar as s\u00faas familias. Todas as promesas dos Dereitos Humanos est\u00e1n tam\u00e9n detidas como esas vidas na Nada das fronteiras.<\/p>\n<p>A exposici\u00f3n de Juan Medina v\u00e9n acompa\u00f1ada dun v\u00eddeo titulado &#8216;<em>O Tarajal<\/em>&#8216; que recolle a \u00fanica entrevista realizada aos sobreviventes do intento de chegar a Espa\u00f1a a nado e que foi reprimido cruelmente pola Garda Civil.<\/p>\n<p>As Testemu\u00f1as que describen claramente o sucedido o 6 de febreiro de 2014, a actuaci\u00f3n da Garda Civil co grupo de persoas que trataban de entrar a Ceuta a nado , e que se incl\u00faen nesta reportaxe que suma v\u00eddeos e fotograf\u00edas dos sobreviventes no monte marroqu\u00ed de Fnideq, pr\u00f3ximo a Ceuta, onde se poden observar as feridas e cicatrices producidas polos pelotazos de goma que sufriron alg\u00fan deles, as duras condici\u00f3ns de vida \u00e1s que se enfrontan estes mozos e ademais p\u00f3dense ver instant\u00e1neas do cemiterio ceut\u00ed no que est\u00e1n enterrados os 5 corpos que a corrente acabou empuxando cara a augas espa\u00f1olas.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":33910,"menu_order":7,"comment_status":"open","ping_status":"closed","template":"","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false},"tags":[],"event_type":[89],"event_type_2":[],"class_list":["post-34209","ajde_events","type-ajde_events","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","event_location-sala-exposicions-salvador-de-madariaga-gl","event_type-2017-exposicions"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/ajde_events\/34209","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/ajde_events"}],"about":[{"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/ajde_events"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=34209"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33910"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=34209"}],"wp:term":[{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=34209"},{"taxonomy":"event_type","embeddable":true,"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/event_type?post=34209"},{"taxonomy":"event_type_2","embeddable":true,"href":"https:\/\/coruna2017.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/event_type_2?post=34209"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}