Actividades paralelas
Pola paz e o dereito ao refuxio
Teatro Totem
Tenda identificada como Grupo de Teatro Tótem.
sábado:
- 22:30 Vixilia – Coloquio con Fadill, unha compañeira Siria, que nos falará sobre a súa experiencia no conflicto e como refuxiada.
Mostra bibliográfica
Con motivo do Día Internacional do Refuxiado o vindeiro 20 de xuño, e facéndonos eco da iniciativa da Asociación ACAMPA pola paz e o dereito ao refuxio, a Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga quere colaborar por medio dunha mostra bibliográfica de toda clase de documentos (libros infantís, para adultos, comics, documentáis, películas…) sobre o tema, e que estará exposta na mesma durante os meses de xuño e xullo
Porque nós somos Biblioteca en Acción, e queremos divulgar e visibilizar a realidade que viven milleiros de persoas.
A cotío recibimos informacións de acontecementos graves que nos impactan: guerras, fame, escravitude, paro, violencia, exclusión… e que provocan o éxodo de millóns de persoas. Seres humanos que foxen da dor, o sufrimento e a morte, buscando refuxio.
Biblioteca Infantil e xuvenil de Durán Loriga.