logo_acampa-t_rj
É unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social.

logo_acampa-t_rj
Ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.

Promove a participación e a implicación.

logo_acampa-t_rj
Abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente.
Profundiza nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.

logo_a_bdiario recibimos informacións de acontecementos graves que nos impactan: guerras, fame, escravitude, paro, violencia, exclusión… que provocan o éxodo de millóns de persoas. Seres humanos que fuxen da dor, o sufrimento e a morte, buscando refuxio.

Somos moitas as persoas que queremos actuar pero non sempre sabemos como. Con esta intención nace

Acampa

Acampa

 

 

15 a 18 de xuño – A Coruña

logo_acampa-t_b
É un simbólico «campo de persoas refuxiadas» instalado na Coruña do 15 ao 18 de xuño de 2017. Podemos participar de moitos xeitos: montando unha tenda de campaña como expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio, e nas diferentes actividades que se levarán a cabo no campamento e ao longo do ano.

A Coruña - 15 a 18 de xuño de 2017

Podes consultar aquí todos os eventos, exposicións e actividades de Acampa 2017.
logo_acampa-t_b
É un encontro cidadán activo no que contamos coa participación das persoas protagonistas, das vítimas, ONGs, de xornalistas; proxeccións, fotografía, música, teatro, pallasos…, eventos artísticos de todo tipo.
Tamén visitas guiadas para saber como é un campo de persoas refuxiadas, para entender mellor as verdadeiras causas da guerra.

Quen pode participar?

Acampa facilita a participación cidadá, cada persoa achega a súa enerxía, a súa capacidade e a súa opinión xunto con: ONGs, asociacións, organizacións políticas, sindicatos, institucións, grupos informais, empresas con responsabilidade social, colectivos profesionais, etc.

Como podes participar activamente?

Montando a túa tenda de campaña nas datas e lugares habilitados pola organización.

A tenda é un símbolo de rebeldía que podes tunear ao teu xeito, dentro das normas éticas de Acampa.

Facendo música, teatro, fotografía, cine, humor, poesía…

Se tes algunha habilidade coa que queras participar ou se tes algunha idea que propoñer, non o dubides,
apúntate!

Podes colaborar cunha axuda económica, que será empregada para apoiar os intereses e necesidades das persoas refuxiadas, na conta ES46 1491 0001 2530 0007 7549 ou no nosto crowdfunding.