Kawa Abdulaziz Haj
Kawa Abdulaziz Haji e a súa familia saíron do Kurdistán sirio camiñando ata o Kurdistán iraquí. Para facer esta viaxe pagaron ás mafias 1.500 dólares. Desde Iraq pasaron a Turquia pagando 800 dólares máis. A policia turca detívoos e estiveron presos quince días. Chegar desde o cárcere turco ata a costa custoulles 150 dólares. Finalmente, pasaron en bote de Turquia á illa de Chíos en Grecia, pagando 3.200 dólares o e a súa muller e 800 dólares polos tres nenos. Durante a travesía por mar pasaron moito medo, de noite, con fortes ventos, tormenta e choiva. Kawa é un gran debuxante. Graduouse no Instituto de Belas Artes en Hasakah. En Siria traballaba facendo reformas e decorando casas. Queren chegar a Alemaña, Holanda, Suíza ou España. Actualmente non teñen recursos e dous dos seus fillos teñen problemas de saúde.
Comentarios Recentes