Concerto de clausura

dom18jun13:3013:30 Concerto de clausuraCésar MoránCarpa central

Event Details

Concerto de clausura con César Morán

Autor

César Morán

César Morán

www.cesarmoran.eu

É intérprete e compositor de música e poesía. Nos últimos tempos está ocupado en musicar poemas de Leiras Pulpeiro, gravando Rosales de rosas louras coa violinista Rebeca Maseda e o contrabajista Alfonso Morán. Tamén conta frecuentemente coa colaboración do músico Xosé Taboada. Desde fai tres anos forma parte do grupo de rock-blues De catro a catro, con Borja Casal, Manu Naveira e Xaquín Branco.

A súa última publicación é o libro-disco Haberá Primavera (Galaxia, 2011), dedicado integramente a Álvaro Cunqueiro no centenario do seu nacemento. Aquí poñen música aos poemas de Cunqueiro menos tratados anteriormente, descubrindo dimensións inéditas do xenial escritor. Gravado na primavera de 2011 nos estudos Bruar da Coruña, Haberá Primavera conta coa participación de instrumentistas que xa participaran no CD anterior (Luís Soto, Nani García, os seus irmáns Pablo, Humberto e Alfonso), mais nesta ocasión con Roberto Somoza ao saxo, Palmira Martínez no cello, Gertraud Brilmayer no violín, Traugott Graser no trombón, Adrião Morão no acordeón e a colaboración especial de Uxía como voz convidada.

Na súa longa traxectoria buscou sempre a liberdade creativa a partir das influencias da canción de autor, a música clásica e o jazz-rock. Foi das voces que actuaran no programa Panorama de Galicia, a primeira experiencia dunha televisión galega. A fins dos setenta formou cos seus irmáns Pablo e Humberto o grupo Agra, onde se buscaban novos camiños para a creación á luz das resonancias máis inovadoras do momento. Costuma combinar a música coa expresión poética, ás veces con letras propias ou dando forma musical a poemas diversos, o que xa se pode apreciar no anterior disco Río de son e vento (Xerais, 1998). Este CD consta de quince cancións sobre poemas contemporáneos, desde Rosalía de Castro a Manuel Rivas. Os arranxos son de Alfonso Morán e na gravación do disco hai grandes instrumentistas do ámbito do jazz, como Nani García, da música clásica como Xavier Simó ou Luís Soto, do mundo do folque como Xosé Ramón Vázquez e Xabier Bo, e músicos polivalentes como Carlos Castro ou Roberto Santamarina.

É un artista interdisciplinar, que se move principalmente entre a música e a literatura, e intervén en proxectos colectivos con diferentes poetas, pintores e artistas plásticos e audiovisuais como Maribel Longueira, Ramiro Torres, Nando Lestón, Eva Veiga, Pedazo Fernández Naval, Lino Braxe ou Dores Tembrás. Compuxo música para teatro e televisión, e colaborou con Manuel Rivas nos Cds O pobo da noite (1996) e A desaparición da neve (2009) e en múltiplos directos.

Actúa ao vivo en solitario (voz, guitarra, piano) ou acompañado de músicos como Roberto Somoza (saxo, frauta, clarinete) e Alfonso Morán (contrabaixo e guitarra acústico) na posta en escena de Haberá Primavera.

 

Time

(Domingo) 13:30

Location

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *