Pepe Galán
Event Details
Palabras refuxio entre Curros e Carballo Intervención artística nos monumentos ao escritor e político Daniel Carballo e ao poeta Curros Enríquez, situados nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña. Se eu fixen
Event Details
Palabras refuxio entre Curros e Carballo
Intervención artística nos monumentos ao escritor e político Daniel Carballo e ao poeta Curros Enríquez, situados nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña.
Se eu fixen tal mundo, que o demo me leve, di Curros; hai que facer máis e mellor política, resposta Carballo.
Trátase de potenciar un «diálogo» entre dous persoaxes que viviron e sufriron, por diferentes razóns, o afastamento da súa patria.
A instalación consiste en colocar fardos de roupa en lugares estratéxicos das esculturas, en coherencia coa reivindicación que representa ACAMPA.
more
Autor
Pepe Galán.
(A Coruña 1955)
Artista que participa en La Galga e cofunda Gruporzán, colectivos que contribúen á rexeneración da plástica galega. Pintor nos seus inicios, Galán explora outras formas de expresión artística, decantándose por unha idea aglutinadora dos medios de expresión.
A súa participación no eido social, a formación e a arte é activa: implícase na política cultural e social do artista, colabora con movementos reivindicativos creando accións, instalacións e intervencións para a (CADdC), Comisión para a recuperación da memoria histórica da Coruña (CRMHaC), Radio Buguina, Burla Negra e Nunca Máis.
Mostra a súa obra en, España, Portugal, Italia e Francia.
Está representado en múltiples museos, coleccións públicas e privadas.
Time
Junio 15 (Jueves) - Julio 25 (Martes)
Location
Estatuas dos Xardíns de Méndez Núñez
Comentarios Recentes