Proxección do documental "District Zero"

vie16jun23:3023:30 Proxección do documental "District Zero"De Oxfam IntermonCarpa central

Event Details

District Zero:

Este documntal rodouse no campo de refuxiados de Zaatari en Xordania en marzo de 2015, cun equipo que conviviu con persoas refuxiadas que tratan de seguir adiante coas súas vidas, lonxe das súas casas.

Con este documental, a Comisión Europea e Oxfam queren poñer de relevo a situación na que se atopan os refuxiados sirios e, por extensión, os refuxiados de todo o mundo, así como concienciar sobre o papel da axuda humanitaria e a vital importancia que ten na vida de millóns de persoas.

O documental foi producido por Arena Comunicación e Txalap.art, co apoio de Oxfam e ECHO.

A película está dirixida por Pablo Iraburu, Jorge Fernández e Pablo Basto. Tamén conta coa colaboración do selo discográfico Alia Vox, con Jordi Savall como director musical.

Osfam Intermon

more

Time

(Viernes) 23:30

Location

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *