Andrea Torres
Event Details
1026. (Perante a situación dos refuxiados) Instalación: Audio en reproducción bucle 02:35 min 1026 páxaros de escaiola Medidas variables Ano de realización 2016 Es una instalación composta por unha
Event Details
1026. (Perante a situación dos refuxiados)
Instalación:
Audio en reproducción bucle 02:35 min
1026 páxaros de escaiola
Medidas variables
Ano de realización 2016
Es una instalación composta por unha serie de pezas de escaiola de paxaros mortos (metáfora das miles de persoas que foxen do conflito armado do seu país e que morren no mar), representacións reforzadas pola proxección dun mar que baña as pezas e dunha voz que saca do anonimato as vítimas. E isto é precisamente o que pretendía coa miña instalación: amosar a miña resposta como espectadora occidental ante o visionado das noticias sobre a situación dos refuxiados e o desatino da violencia
Coa miña peza o que busco é que nos deteñamos a pensar, reflexionar e comprender o sufrimento doutros seres humanos. Que todos nós estamos neste mundo, que debemos ocuparnos deles e de que a situación dos refuxiados non é totalmente allea a Europa como nos fan ver, é algo que aconteceu lentamente e no que tivo unha intervención constante.
A nosa vida diaria é alimentada pola violencia física e verbal, pola agresividade, a exclusión social e persoal, ante a cal moitas veces nos sentimos impotentes.
Por outra banda, para a representación literal da violencia téndense a xerar novamente máis violencia, facendo un acto violento. A violencia xera imaxes decontino, imaxes terribles que enchen os nosos informativos, aos que nos estamos afacendo máis e máis. Xa que non me parece lóxico denunciar algo xerando o mesmo, afástome daquelas imaxes explícitas, confrontándoas, traballando a partir delas para xerar unha resposta metafórica que nos invita a meditar sobre o que está pasando; que se refira a iso, pero deixando camiños abertos a posibles futuras lecturas.
Este proxecto céntrase na violencia, particularmente nas súas consecuencias. A idea da que eu partín foi a representación das vítimas por medio da figura do paxaro, símbolo da liberdade. Represento as aves sen vida dispostas sobre o chan, aludindo aos refuxiados cos que, inevitablemente, se relacionan.
O elemento sonoro xoga un papel importante, posto que con el saco do anonimato a esas numerosas vítimas afogadas que durante todos estes anos tentaron e aínda tentan atravesar as augas do Mediterráneo nun intento de conseguir unha mellor vida. O feito de dicir os seus nomes os dignifícaos dalgún modo, sácaos desa masa, desa cifra, dese ser outro número máis. Os nomes mencionados foron extraídos dunha lista documentada de 22.394 solicitantes de asilo, refuxiados e inmigrantes mortos como resultado das políticas restritivas da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 1993 ata o 24 de abril de 2015, (publicada o 20 de xuño 2015 pola organización United For International Action).
more
Autor
Andrea Domínguez Torres
(Pontevedra 1993)
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2011-2015). Realizou o Máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación (2015-2016) e actualmente está cursando o doutorado en Arte Contemporánea na mesma Universidade.
Ten participado en varias exposicións colectivas:
- ISO SEGUE O SEU CURSO, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. 2016
- DO FIN E DO COMEZO, no Pazo da Cultura de Pontevedra. 2015
- Libro de Artista na Sala Sargadelos de Pontevedra. 2014
- SINCRONIZA (Acción multidisciplinar) no Cine Adriano de Fene. 2016
- Proxecto ATALAYA no Auditorio de Cangas do Morrazo. 2017, entre outras.
Tamén foi beneficiaria da bolsa enmarcada no programa Iniciativa Xove para o comisariado do proxecto PALABRA DE ARTISTA (2016) e gañadora do 1.º Premio na modalidade de vídeo experimental. XIII Concurso de Creación Audiovisual convocado pola UVIGO (2015)
Time
Junio 15 (Jueves) - Julio 25 (Martes)
Location
Sala exposicións Salvador de Madariaga
Comentarios Recentes