junio, 2017

17jun22:30ConcertoDoa, Extrema Urgencia, Félix Arias, Harakiri e Bule na Campa - Paco Campos22:30 Carpa central

Detalles del evento

Concerto de:

Doa, Extrema Urgencia, Félix Arias, Harakiri e Bule na Campa.
Presenta: Paco Campos

Autor

Doa

Doa

Podemos considerar a DOA como un dos grupos referentes de Galicia anteriores a la década dos 80. O seu Folk de Vangarda integra tendencias musicais diversas e arranxos da música popular (de Galicia e outros países) dunha maneira persoal e heterodoxa. Estas características imprimen ao grupo unhas formas musicais propias que irán conformando o seu estilo en anos sucesivos.

Os integrantes da formación actual do grupo son catro excelentes músicos:

Susana de Lorenzo: Voz e Harmonium. Posuidora duna grande técnica chea de emoción e matices, así como dunha gran versatilidade. Ten realizados numerosos traballos no campo da Música Clásica, Rock e outros estilos.
Xoan Piñón: Guitarra acústica e eléctrica. Membro co-fundador de DOA, pertenceu as diversas formacións de Música Experimental, Rock e Folk é un dos pioneiros da música galega contemporánea.
Bernardo Martínez: Percusión e clarinete, con Xoan, é membro co-fundador de DOA. Un dos músicos referentes en Galicia, realizou traballos e gravacións nos campos da música improvisada, Jazz, Folk e Música Electrónica.
Gertraud Brilmayer: Violín e voz. Orquestra Sinfónica de Galicia. Gran instrumentista que abarca distintos xéneros: música clásica e contemporanea, Jazz, Bossa e Folk. Artista invitado: Fran Castro (teclados). Participa en diversas formaciones como “Turma Caipira@ y “Electric Ladyland” (Voz, bajo eléctrico), compositor y arreglista de diversos estilos; Jazz, Rock, Bossa.

Dona ten publicados 5 discos
“O son da estrela escura” (1979),
“Polaridade” (1984),
“Perfiles” (1986),
“Arboretum” (2002)
“A fronda dos cervos” (2011)

Premios e recoñecementos
XI premios opinión música folk “Mellor disco de galicia 2011”
Global village EEUU 2012. “Top 5”.
Soas radio Londres  2011 albums. “Top 10”
Radio nacional radio exterior de España mundofonias. “Favoritos 2011”
World music charts Europe xaneiro 2012. “Top 20”
World music central EEUU “Finalist 2011”
World music.co.inglaterra “Best albums 2011”

 


 

Extrema Urgencia

Extrema Urgencia

É un conxunto músico vocal formado por persoas que, traballando noutras disciplinas, complementan os seus intres libres coa afección á música canalizada a través de Extrema Urgencia e outras formacións.
Como o seu rol é de afeccionados, a maior parte da actividade de Extrema Urgencia céntrase en eventos de carácter solidario.
Actuaron en The Cavern de Liverpool, Teatro Euskalduna de Bilbao, en Granada, Madrid etc e acompañaron a artistas como a Javier Gurruchaga, Manuel Manquiña e compartiron “jams” con The Quarrymen, banda fundada por John Lennon en varias ocasións.
O seu estilo é recrear e lembrar ás novas xeracións a música dos 60, tanto no apartado blues, como de rock, como de Soul, sen máis pretensións.

Félix Arias

Felix Arias

Ten unha longa traxectoria musical que se consolida no ano 2000 con Lovely Luna ao editar o seu primeiro LP coa discográfica Ilerdense Gerssen Records, despois virían dous discos máis deste dúo: ‘As cousas que ninguén debe ver (2004)’, e ‘Chang e Eng (2009)’. Tamén compoñente do grupo Guru Deva que entre os anos 2002 e 2008 editaron un Ep e dous LP´s, entre eles o exitoso ‘After All’ en 2003, sendo premiados en 2004 coa segunda posición no festival internacional Vila de Bilbao. En solitario publicou “Manchados de tinta” (2006) , “Vals muy triste en Sol menor” (2013) y “Aves Zancudas”(2016)

 


 

Harakiri

Harakiri

www.harakiribanda.bandcamp.com

Facbook

Harakiri son unha banda afincada na cidade de A Coruña que afía as súas katanas por primeira vez a principios de 2016 no IX Festival Solidario En Directo. Mentras se foron sucedendo varios cambios na formación, neste tempo percorreron diferentes salas da cidade afinando a súa arte de sacarse as tripas e non matarse no intento, dando forma á unha proposta que se bebe como un combinado das sutilezas do Pop e a rudeza do Rock & Roll mais primitivo. Sen aderezos, directo e sen artificios.

Harakiri son:

  • Laura – Voz e guitarra
  • Ray – Batería e voz
  • Maka – Baixo

 


 

Bule na Campa

Bule na Campa

Grupo formado para este evento por músicos de diferentes estilos desde a música clásica, folk, rock o blues, hacen una mezcla en sus canciones.

Formado por:

  • Montserrat Cañas – voz e percusión
  • Paco Lafuente – voz e percusións
  • Pedro Ordás – baixo
  • Xosé Taboada – frauta e saxo
  • José Luis Yepes – Guitarra.

 


 

Paco Campos

Paco Campos

Actor e director de dobraxe, en galego e español, traballou en “pratos combinados”, (tvg), “mareas vivas”,  (tvg) , “nada es para siempre”,  (antena 3), “secuestrados en georgia”, telemovie dirixida por g.balza (tele 5), “sara”, “heroína” longametraxe de gerardo herrero, “somne” longametraxe de isidro ortíz,“hospital central” (tele 5) “la bella otero”, serie de televisión dirixida por jordi frades (zenit-antena3), “matalobos”, “o nordés”,  “padre casares” etc.

Coñecementos de música (canto, guitarra, piano, acordeón, harmónica…) acompañado polo grupo chaira ten gravados dous discos de longa duración: “ó rompe-lo día” e “laura, ollos de auga”, nos que canta e compón a maioría dos temas. Prepara “un atlántico de música”.

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X