Javier Bauluz

jue15junTodo el díamar25jul(Todo el día) Javier BauluzBuscando refuxio para os meus fillos - Exposición de fotografíasObelisco / Mariña / Porta Real

Event Details

Buscando refuxio para os meus fillos.

Desde principios de agosto de 2015, e durante máis de cinco meses sobre o terreo, a cámara do fotoperiodista e Premio Pulitzer Javier Bauluz acompaña -coma se dunha xanela móbil se tratase- ás nais, pais e fillos refuxiados en busca dun lugar seguro para vivir durante a súa longa viaxe cara ao corazón de Europa.

O percorrido parte da chegada ás illas de Lesbos e Kos, en Grecia, onde desembarcan tras unha curta e perigosa viaxe polo mar Exeo desde as costas de Turquía.

Unha vez na Europa continental a viaxe das familias sirias, iraquís, afgás e iranianas, principalmente, continua a través de Grecia, Macedonia, Serbia, Hungría, Austria, Alemaña, Holanda e Francia. Un longo e duro camiño que fan a pé seguindo as vías do tren, por camiños, autoestradas, en buses ou a bordo dos obsoletos e vellos ferrocarrís dos Balcáns.

Bauluz pon o foco nas emocións, os momentos cruciais e as relacións persoais que nos mostran a universalidade do que nos fai humanos e iguais.

more

Autor

Javier Bauluz.

(1960, España)

Este xornalista asturiano foi o primeiro español en recibir un Premio Pulitzer de Xornalismo en 1995 polo seu traballo en Ruanda, así como o Premio Fotopres 1988 e 1989, Premio Conde de Godó 2001, Premio Liberdade de Xornalismo 2002, Premio Xullo Fontes de Xornalismo 2002, Premio Xornalismo e Dereitos Humanos 2008 e Premio Emilio Castelar 2011 e recentemente o Premio Dereitos Humanos 2016 polo seu traballo ‘Buscando refuxio para os meus fillos’

Fundador e Director de Xornalismo Humano, medio dixital con enfoque de Dereitos Humanos desde 2010.

Traballou para axencias internacionais como Associated Press, Reuters, Staff, etc. e publicou en diversas revistas e diarios internacionais como The New York Times, El País, Magazine La Vanguardia, Jornalismo Humano, El Mundo, Time, Geo, etc.

Cubriu as guerras de Centroamérica de finais dos anos oitenta, os últimos anos de Pinochet no poder, a Primeira Intifada palestina, a guerra de Bosnia, a crise de Ruanda e a inmigración cara a España e Europa desde 1996, así como reportaxes e documentais en Latinoamérica, África e Oriente Próximo.

Profesor Asociado en IE University 2014-2016 e Universidade Pompeu Fabra en 2003. Profesor convidado en universidades de Washington, Holanda, Barcelona, Madrid, Cádiz, A Coruña, Sevilla, Córdoba, Alacante, Bilbao, entre outras. Relator e conferenciante en seminarios internacionais en decenas de universidades e diversas institucións públicas e privadas desde 1992.

Director do Encontro Internacional de Fotoperiodismo de Xixón desde 1997 e impulsor do Manifesto sobre Xornalismo e Dereitos Humanos en 2008.

As súas diversas exposicións percorreron cidades como Nova York, Madrid, Montevideo e Santiago de Chile entre outras.

Time

Junio 15 (Jueves) - Julio 25 (Martes)

Location

Obelisco / Mariña / Porta Real

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *