Xosé Abad

jue15junTodo el díamar25jul(Todo el día) Xosé AbadPolo menos salvar a familia - Exposición de fotografíasSala de Exposicións do Kiosco Alfonso

Event Details

Polo menos salvar a familia

Cheguei a Grecia o 22 de maio de 2016, xusto cando iniciaban o desaloxo de Idomeni, un campo no que sobrevivían miles de persoas esperando a súa oportunidade para cruzar a fronteira con Macedonia e poder chegar a Alemaña e Holanda.

As familias que non puideron entrar en Idomeni, esperaban nos campos máis próximos, Eko, Hara ou BP. Milleiros de persoas que foxen da guerra, coa súa vida arruinada, malvivindo en pequenas tendas de campaña cedidas por pequenas ONG ou noutras máis grandes achegadas polas grandes.

Cando chegas por primeira vez a un campo de persoas refuxiadas chama a atención a cantidade de nenos e nenas que pululan por todas partes e dásche conta enseguida de que a gran maioría son familias de xente traballadora que o perdeu todo, e que se aferran ao soño dunha nova vida para os seus fillos, ese ben tan prezado. A determinación de salvar á súa familia é o seu motor e a súa enerxía.

Non son invasoras, nin terroristas, son familias que foxen do verdadeiro terror, da invasión impostas polas grandes potencias, tamén Europa e España, que libran unha batalla indecente polo control dun territorio, a xeoestratexia, que destrúe as súas casas, o seu traballo, a súa escola, a súa vida.

Esta serie de retratos contan o que eu puiden ver e sentir, familias de xente traballadora ás que lles arrebatou todo.

more

Autor

Xosé Abad

www.estudioabad.com

(Figures – Girona)

Non ano 1979 inicia a súa actividade profesional como correspondente gráfico da axencia EFE e colaborando con diferentes medios. Publica os seus traballos de fotografía documental en diferentes revistas e diarios, como National Geographic, Planeta Humano, El Semanal, El País, Magazine ou La Vanguardia.

Abad é o impulsor da web “Fotógrafos Contra la Guerra”. Creou e dirixiu ‘Revela, Foro Internacional de Fotorreportaje e Sociedade‘ en itinerancia polas principais cidades galegas. Así mesmo, obtivo, o ‘Premio de amigos da Unesco Outorgado‘ á traxectoria profesional na información e a imaxe como compromiso solidario 2007-2008. Foi gañador da primeira edición do Certame de creación fotográfica Luís Ksado, entre outros.

Desde a súa productora desenrolou ao longo das derradeiras décadas diferentes proxectos documentaies, como “O segredo da frouxeira”, gañadora do “Festival Internacional de Cine Independiente Mexicano” con “Contra el silencio, todas las voces” na categoría “Dereitos Humanos”, primeiro premio á mellor longametraxe no “Festival Primavera de Cine”, nomeado nos premios “MESTRE MATEO” ao mellor documental. “A pegada dos avós” seleccionado o mellor documental nos “Premios Mestre Mateo” e no “III Festival Primavera de Cine”, do “ISAAC” sobre o polifacético galegista Isaac Díaz Pardo.

Time

Junio 15 (Jueves) - Julio 25 (Martes)

Location

Sala de Exposicións do Kiosco Alfonso

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *